Nosos servizos

Escola deportiva

A escola deportiva propón dúas opcións adaptadas ás idades e niveis: unha Escola de Judo pensada para que os máis pequenos e pequenas se inicien neste deporte desde os catro anos, e unha Escola de Adestramento orientada ao perfeccionamento técnico, dirixida a rapazada a partir dos seis anos en grupos reducidos.

Escola de judo

As nosas clases de judo están deseñadas para nenos e nenas desde os 4 anos de idade. Fomentamos valores como a disciplina, o respecto e o autocontrol, mentres melloramos a condición física dos pequenos e paquenas deportistas nun ambiente seguro e profesional.

Escola de adestramento

A nosa Escola de Adestramento esta deseñada para que os pequeños e pequeñas deportistas comecen a adestrar de forma segura desde os seis anos de idade, plantexando as habilididades motrices básicas e o traballo especifico de forza na infancia de forma lúdica e entretida para integrala nas rutinas dos e das máis peques da casa.

Horarios das clases

Resolvemos as túas dúbidas

1¿Que idades son adecuadas para practicar judo?
O judo é apto para todas as idades. Ofrecemos clases específicas para nenos, adolescentes e adultos, adaptando os exercicios segundo o nivel e as necesidades de cada grupo.
2¿É necesario ter experiencia previa para apuntarse a judo ou Aikido?
Non, as nosas clases están deseñadas para principiantes e para persoas con experiencia. O instructor adaptarase ao teu nivel para garantir unha aprendizaxe progresiva.
3¿Que diferenza hai entre judo e Aikido?
O judo céntrase no control do adversario mediante proxeccións e técnicas de chan, mentres que o Aikido se enfoca en redirixir a enerxía do oponente a través de movementos circulares e defensivos.

É o momento de apostar pola túa saúde

Descubre un espazo pensado para ti, con profesionais cualificados e programas adaptados que che axudarán a manter un estilo de vida activo e saudable.