Nosos servizos
Deporte e artes marciais
Espazo de entrenamento e competición en judo e aikido. Combina disciplina, autocontrol e mellora física.

Judo
O judo é unha arte marcial que combina técnica, forza e disciplina. Nas nosas clases, aprenderás a realizar proxeccións, técnicas de control e defensa persoal, todo nun ambiente seguro e educativo. Ideal para nenos e adultos que buscan mellorar a súa condición física e mental.
Aikido
O Aikido é unha magnífica síntese das Artes Marciais tradicionais xaponesas. En el vese cristalizada a longa e intensa tradición do Budo. É unha auténtica ciencia do combate. A técnica do Aikido consiste no máximo aproveitamento da inercia do atacante, harmonizando co seu movemento e neutralizando así a forza agresiva ata que o outro se quede completamente reducido e dominado. Non existe a resistencia e sempre se move a favor da forza do outro, o cal é, en realidade, a base común e fundamental das Artes Marciais xaponesas. Sen embargo, a característica da técnica do Aikido é utilizar sempre a enerxía (forza mental e física) en sentido de extensión e nunca contractivo.
ACAE, asociación á que pertence o noso grupo, constitúese en Madrid en 1990. Ten como fins o ensino, conservación, práctica, fomento e difusión do Aikido no seu sentido máis xenuíno, entendendo como tal o creado polo Mestre O Sensei Morihei Ueshiba, introducido e cultivado en España por Yasunari Kitaura, Delegado para España por designación directa e persoal do Doshu Kisshomaru Ueshiba en 1967 e discípulo de ambos os dous Mestres, que estableceu o criterio sobre a orientación e ensino da nosa disciplina no ámbito da Asociación.

Horarios
Horarios das clases e adestramentos
Clases de Judo
- Adultos
- Luns, mércores e venres 19:30 a 21:00
Adestramentos de Competición Judo
- Adultos
- Martes, Xoves e venres 19:30 a 21:00
Aikido ACAE, Asociación Cultural Aikikai de España
- Adultos
- Mércores 19:30 a 21:00 e sábados 10:30 a 12:00
Preguntas frecuentes
Resolvemos as túas dúbidas
1¿Que idades son adecuadas para practicar judo?
O judo é apto para todas as idades. Ofrecemos clases específicas para nenos, adolescentes e adultos, adaptando os exercicios segundo o nivel e as necesidades de cada grupo.
2¿É necesario ter experiencia previa para apuntarse a judo ou Aikido?
Non, as nosas clases están deseñadas para principiantes e para persoas con experiencia. O instructor adaptarase ao teu nivel para garantir unha aprendizaxe progresiva.
3¿Que diferenza hai entre judo e Aikido?
O judo céntrase no control do adversario mediante proxeccións e técnicas de chan, mentres que o Aikido se enfoca en redirixir a enerxía do oponente a través de movementos circulares e defensivos.
É o momento de apostar pola túa saúde
Descubre un espazo pensado para ti, con profesionais cualificados e programas adaptados que che axudarán a manter un estilo de vida activo e saudable.