Rola Centro Deportivo en Santiago de Compostela
Coñécenos
Clases dirixidas, adestramento personalizado e artes marciais nun espazo moderno e próximo. Mellora a túa forma física con profesionais cualificados en pleno Santiago de Compostela.
Quén somos
Equipo Rola

Acondicionamento físico en grupos / Escola de Adestramento e Judo
Diego Couto
Apaixonado do deporte e do adestramento, Diego leva practicando deporte desde a infancia, (Karate, natación, BOXEO….), especializándose no Judo a partir dos 12 anos de idade. Campión galego infantil nesta disciplina, competidor coa selección galega en citas nacionais e internacionais e cun gran interés nos procesos e metodoloxías de adestramento desde os seus inicios como deportista. Profesional, divertido e didáctico son tres características que o definen á perfección.
- Técnico Superior en Acondicionamento Físico (TSAF)
- Monitor nacional judo RFEJYDA

Acondicionamento físico en grupos / Escola de Adestramento
Fran Iglesias
Ola, Son Fran, especialista en acondicionamento físico en grupos a través de adestramentos de Forza-Resistencia. Axúdoche a introducir a actividade física na túa rutina díaria para mellorar a túa saúde e benestar. Gústame crear adestramentos desafiantes e entretidos co obxectivo de axudarche e motivarte a mellorar cada semana.
- Técnico Superior en Acondicionamento Físico (TSAF)

Adestrador Persoal / Pilates & Corrección Postural
Manuel Moure
Manuel axúdache a mellorar sexa cal sexa o teu obxectivo e a etapa na que te atopes. Desde adestramentos persoais con perfil saúde ata preparar unha maratón son competencias que Manuel pode desenvolver con todas as garantías e gran experiencia e solvencia.
- Graduado en CAFyD ciencias da actividade e do deporte (UDC)
- Adestrador nacional de triatlón (FETRI)
- Quiromasaxista Terapéutico deportivo en AGAMATEMA (1° Nivel)
- Experto universitario en nutrición e alimentación aplicada ao deporte (Universidad Illes Balears)

Judo / Preparación física
Xaquín Baldomir
Adestrador de Judo e preparador físico de deportes de combate. Adestrador do Judo Club BASE desde a súa fundación, no ano 2015, con experiencia en judokas desde os 3 anos de idade ata competidores da categoría Absoluta. A persoa correcta para buscar os teus límites e explotalos ao máximo nivel.
- Graduado en CAFyD ciencias da actividade e do deporte (UDC)
- Adestrador nacional (Nivel III) Judo (RFEJYDA)
- 5º DAN Judo
- Máster Alto Rendimiento Deportivo (COE)
Galería de fotos do centro
Instalacións
Centro deportivo
Zona adestramento
Zona forza
Tatami
Qué din de nós
Testemuñas dos nosos clientes
Retomé, después de muchos años, clases de judo.
Fue ilusionante que Xaquín sea mi profesor. He tenido una acogida muy buena no solo por los que ya conocía sino por los compañeros nuevos.
Recomiendo A Rola tanto para el aprendizaje o práctica del judo como para el resto de actividades que se ofrecen.

Teresa de Vallejo
Reseñas de Google
Acudí a este centro deportivo buscando un tipo de entrenamiento personalizado que combinara ejercicios de cardio y fuerza para tonificar y mejorar mi condición física y en el mes que llevo entrenando con Xaquín he mejorado muchísimo, hace que los entrenamientos sean siempre diferentes y dinámicos para que no se haga pesado. También tienen clases de pilates.

Almudena Bretón
Reseñas de Google
Impresionante. Trato personalizado son moi profesionais. Sen dùbida un personal trainer o prezo dun Gimnasio. Axudanche tamen con profesionais da dietètica e outros campos como a psioterapia

Francisco García López
Reseñas de Google
Muy buen ambiente y lugar para que los más pequeños entren en contacto con las artes marciales.

Xosé Manuel Calvo Suárez
Reseñas de Google
É o momento de apostar pola túa saúde
Descubre un espazo pensado para ti, con profesionais cualificados e programas adaptados que che axudarán a manter un estilo de vida activo e saudable.