Nosos servizos

Deporte e artes marciais

Espazo de entrenamento e competición en judo e aikido.  Combina disciplina, autocontrol e mellora física.

Judo

O judo é unha arte marcial que combina técnica, forza e disciplina. Nas nosas clases, aprenderás a realizar proxeccións, técnicas de control e defensa persoal, todo nun ambiente seguro e educativo. Ideal para nenos e adultos que buscan mellorar a súa condición física e mental.

Aikido

O Aikido é unha arte marcial xaponesa baseada na harmonía e na defensa persoal sen causar dano ao adversario. É perfecto para mellorar a coordinación, a flexibilidade e a calma mental, cun enfoque centrado no rediriximento da enerxía do oponente.

Horarios das clases e adestramentos

Clases de Judo
  • Adultos
  • Luns, mércores e venres 19:30 a 21:00
Adestramentos de Competición Judo
  • Adultos
  • Martes, Xoves e venres 19:30 a 21:00
Aikido Iwama
  • Adultos
  • Luns, mercores e venres 7:00 a 10:00
Aikido Aiki-kai
  • Adultos
  • Mércores 19:30 a 21:00 e sábados 10:30 a 12:00

Resolvemos as túas dúbidas

1¿Que idades son adecuadas para practicar judo?
O judo é apto para todas as idades. Ofrecemos clases específicas para nenos, adolescentes e adultos, adaptando os exercicios segundo o nivel e as necesidades de cada grupo.
2¿É necesario ter experiencia previa para apuntarse a judo ou Aikido?
Non, as nosas clases están deseñadas para principiantes e para persoas con experiencia. O instructor adaptarase ao teu nivel para garantir unha aprendizaxe progresiva.
3¿Que diferenza hai entre judo e Aikido?
O judo céntrase no control do adversario mediante proxeccións e técnicas de chan, mentres que o Aikido se enfoca en redirixir a enerxía do oponente a través de movementos circulares e defensivos.

É o momento de apostar pola túa saúde

Descubre un espazo pensado para ti, con profesionais cualificados e programas adaptados que che axudarán a manter un estilo de vida activo e saudable.